DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Investigación arrow Campus Ourense

Campus Ourense

Mércores, 05 de abril do 2017

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 19 de abril

A convocatoria Inou volve para financiar estudos centrados na provincia ou no Campus da Auga

Un dos seus obxectivos é potenciar a traxectoria de novos investigadores


ImageA convocatoria de axudas a grupos de investigación do campus de Ourense Inou correspondente ao ano 2017 está aberta. A Universidade de Vigo, co apoio económico da Deputación Provincial de Ourense, realiza un ano máis unha chamada destinada a apoiar estudos centrados na provincia ou no Campus da Auga realizados por investigadores e investigadoras emerxentes do campus de Ourense. Para iso financiaranse proxectos relacionados cos ámbitos socioeconómicos máis propios da provincia, como o turismo, a agricultura, a gandería, o comercio, a xestión integral e o aproveitamento de recursos hídricos. O prazo de presentación de solicitudes remata o 19 de abril.
Martes, 13 de xaneiro do 2015

Nace Ephytech, unha spin-off xurdida do grupo de investigación de Física Medioambiental

Solucións eficientes a problemas ambientais e de enxeñaría creadas máis aló dos laboratorios da Universidade

Entre os seus clientes xa se atopan investigadores europeos e empresas privadas españolas


ImageA traxectoria do grupo de investigación EPhysLab nos últimos anos deixa para os seus compoñentes múltiples recoñecementos ao seu traballo. O último exemplo deste éxito investigador é a posta en marcha da spin-off Environmental Physics Technologies (Ephytech), que botou a andar hai catro meses para achegar solucións “máis eficientes e competitivas” a problemas ambientais e de enxeñaría. Con proxectos en sectores como a enxeñaría marítima ou civil, as enerxías renovables, a análise dos efectos do cambio climático ou o desenvolvemento dun software de simulación de fluídos, esta empresa busca acadar o último chanzo da investigación: a súa aplicación directa á sociedade.
Mércores, 10 de decembro do 2014

Presentado o libro cos resultados das 12 proxectos financiados na convocatoria INOU 2013

Canteira investigadora para solucionar os problemas reais da provincia

Violencia de xénero, detección de incendios ou novas tecnoloxías na política, algunhas das temáticas desenvolvidas


ImageCoñecer máis e mellor o territorio que nos rodea, cos seus problemas e oportunidades, é fundamental para o desenvolvemento de calquera poboación e para buscar camiños de futuro. Por iso hai que ollar todo “dende múltiples ópticas” para chegar a solucións que non procedan dun só ámbito de coñecemento. Con esa idea, a Vicerreitoría do campus e a Deputación Provincial de Ourense convocaron as axudas INOU 2013, coas que se repartiron 50.000 euros entre 12 equipos investigadores e das que este mércores se presentou unha publicación con todos os seus resultados. "A canteira que vén pisando forte", explicou Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense.
Martes, 25 de novembro do 2014

II Premio de Investigación do Colexio de Economistas de Ourense

Os directivos de empresas de alta tecnoloxía apostan cada vez máis polo capital humano

O traballo de fin de grao de Alba Rodríguez sobre sobre a influencia dos estilos de liderados foi o proxecto gañador


Image“Unha máquina poden tela moitas empresas, só hai que ter cartos, pero a unha persoa que sexa boa no seu campo e traballe ben soamente a tes ti, non o teu competidor, e esa é unha vantaxe moi importante”. Esa é unha das principais conclusións do traballo de fin de grao de Alba Rodríguez, Influenzas dos estilos de liderado nas organizacións. O caso das empresas de servizos avanzados, co que acaba de gañar o II Premio de Investigación do Colexio de Economistas de Ourense, ao que cada ano concorren “máis traballos e de maior calidade, o que indica o alto nivel do noso alumnado”, como explicou a decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, Elena Rivo.
Martes, 18 de novembro do 2014

Trátase de elaborar unha base de datos online útil tanto para a investigación como para a ensinanza

Investigadores da Facultade de Historia crean unha web para dixitalizar a obra gráfica de Castelao

No marco dun proxecto da Universidade de Vigo liderado por Mª Victoria Carballo-Calero


ImageSon moitas as investigacións que ao longo dos anos se teñen centrado arredor dun dos escritores galegos máis relevantes, Castelao, todos cunha eiva: a falta dun estudo conxunto da súa obra gráfica coa que afondar na faceta do rianxeiro como artista e analizar a súa traxectoria como ilustrador. Co fin de poñerlle remedio a isto naceu o proxecto Castelao. Obra gráfica. A construción dun discurso estético, político e social transoceánico, liderado por Mª Victoria Carballo-Calero, co que se pretende facer un estudo minucioso da parte gráfica do escritor e un inventario dos fondos de ilustracións en libros e revistas, ata o de agora dispersos en bibliotecas públicas e privadas.
Martes, 19 de xullo do 2011

En dúas publicacións presentadas por Salustiano Mato, Mª Victoria Jato e Francisco Rodríguez

Os grupos do campus e do CITI amosan as súas capacidades en I+D+i

O seu obxectivo é dar a coñecer e potenciar o traballo dos 46 equipos de investigación ourensáns


ImageO campus de Ourense conta con 46 grupos de investigación activos nos diferentes ámbitos de coñecemento e un centro de investigación como é o CITI. Calquera persoa ou entidade interesada en coñecer as oportunidades que ofrecen conta desde este martes con dous documentos de referencia. Son os catálogos do Campus de Ourense e do Centro de Investigación, Transferencia e Innovación CITI, presentados por Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo; Mª Victoria Jato, vicerreitora de Investigación e Transferencia do Campus de Ourense; e Francisco Rodríguez, alcalde de Ourense.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 33

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós