DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado arrow Campus Ourense

Campus Ourense

Xoves, 02 de marzo do 2017

A cita incluirase este ano dentro da programación da Ourense ICC Week 2017

A 'quedada' informática do campus celebrará a súa quinta edición do 4 ao 7 de maio

Desde a organización agardan a participación de arredor de 500 persoas


ImageEste xoves a Deputación Provincial de Ourense presentou a programación da Ourense ICC Week 2017, punto de encontro das industrias culturais e creativas que se celebrará nesta ocasión do 2 ao 7 de maio. Entre as novidades da súa quinta edición está a incorporación á súa programación da 'quedada' informática que se organiza anualmente no campus de Ourense. Deste xeito, a Technium Lan Party pasa a denominarse ICC Technium e desenvolverase este ano do 4 ao 7 de maio no Pavillón de Deportes universitario.
Venres, 24 de febreiro do 2017

Os nenos e nenas da Escola Infantil do campus celebraron este venres a súa festa de Entroido

Abran paso á comitiva faraónica

A temática elixida para a ocasión foi o antigo Exipto


ImageFebreiro foi para o alumnado da Escola Infantil do campus de Ourense un mes de actividades arredor do Entroido. As celebracións comezaron o 3 de febreiro cunha batalla de fariña no seu propito “venres fareleiro” e culminaron este venres cunha gran festa na que os nenos e nenas desfilaron para os numerosos familiares que se achegaron a velos. Se as actividades celebradas ao longo do último mes estiveron centradas nas tradicións ourensás, para este peche escolleron unha temática totalmente diferente e exótica, sendo o antigo Exipto, cos seus faraóns, raíñas, momias e xeroglíficos, o principal protagonista.
Venres, 17 de febreiro do 2017

Unha alumna de Traballo Social conta desde este mes cunha cadela guía

Lucy, un novo e moi especial membro da comunidade universitaria

O seu é o primeiro caso deste tipo na Universidade de Vigo


ImageNunha sociedade cada vez máis diversa, as aulas universitarias son tamén cada vez máis diversas. Nelas conflúen persoas con idades, obxectivos, necesidades, orixes e perfís moi diferentes. No campus de Ourense, ese mosaico vén de ampliarse este mes coa chegada de Lucy, o primeiro can guía, neste caso cadela guía, que se incorpora ás aulas da Universidade de Vigo. Despois dun difícil proceso de selección para que lle fose concedido este apoio por parte da Fundación Once do Can Guía, Lucía González, alumna de cuarto curso do grao de Traballo Social con discapacidade visual, puido deixar de guiarse co bastón para facelo con esta cadela de raza labrador “moi xoguetona pero moi intelixente”. Antes da súa incorporación, os demais membros da comunidade universitaria recibiron indicacións sobre como tiñan que actuar ante a súa presenza e dúas semanas despois da súa chegada, Lucy xa participa da vida universitaria.
Mércores, 08 de febreiro do 2017

Representantes do campus, do concello e de Resa visitárona este mércores trala súa reapertura

A residencia universitaria recobra vida

26 inquilinos ocupan xa algunha das habitacións do centro


ImageO pasado 16 de xaneiro reabriu as súas portas a Residencia Universitaria As Burgas, a residencia do campus de Ourense, despois de case dous anos e medio pechada para acometer as obras de urbanización da contorna necesarias. Este mércores, celebrouse a reapertura oficial da residencia coa asistencia de Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense; Jesús Vázquez, alcalde de Ourense, e Mónica Garay, conselleira delegada de Resa, empresa concesionaria da xestión deste servizo. Na actualidade son 26 inquilinos e inquilinas que fan uso das súas instalacións.
Luns, 06 de febreiro do 2017

30 alumnos e docentes do campus participarán na actividade

Marrocos, destino da oitava viaxe de estudos arqueolóxicos

Durante dez días somerxeranse no patrimonio histórico e cultural do país veciño


ImageUnha das citas máis agardadas polo alumnado da Facultade de Historia é a celebración cada curso da viaxe de estudos arqueolóxicas. Coincidindo coas vacacións de Entroido, o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio, con Fermín Pérez á cabeza, e a Delegación de Alumnos de Historia organiza cada ano unha viaxe “autoxestionada, bastante alternativa e aventureira, moi participativa e, sobre todo, o máis a baixo custe posible” para coñecer o patrimonio histórico e cultural dun país. Este ano o destino elixido é Marrocos e serán 30 estudantes e docentes do campus de Ourense os que durante dez días percorrerán o país veciño.
Resultados 37 - 45 de 389

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós