DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado arrow Campus Ourense

Campus Ourense

Xoves, 15 de xuño do 2017

O festival do alumnado do Programa Universitario de Maiores tivo lugar este mércores

Os estudantes sénior despiden o curso académico desde o escenario

Á celebración asistiron membros da comunidade universitaria e familiares


ImageCo curso académico xa na súa recta final, sucédense no campus de Ourense os actos de graduación e as celebracións de fin de curso. Este mércores os protagonistas foron os alumnos e alumnas do seu Programa Universitario de Maiores. A Asociación de Maiores do campus ourensán foi a encargada de organizar un festival de fin de curso no que os propios estudantes sénior foron os encargados de subir ao escenario para contar contos, para cantar e para tocar algún instrumento. Con esta festa, que compartiron estudantes e responsables do Programa Universitario de Maiores e familiares, os seus organizadores quixeron pechar o curso cun bo sabor de boca.
Mércores, 14 de xuño do 2017

15 estudantes de Ciencias Empresariais e Turismo participan nun seminario internacional

Alumnado do campus explica en Saarbrücken o modelo turístico galego

Durante unha semana están na universidade HTW Saar


ImageDesde o pasado sábado, día 10 de xuño, e ata o 17 de xuño, 15 estudantes da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense participan nun seminario internacional na universidade alemá HTW Saar, da cidade de Saarbrücken, en Alemaña. Alí comparten convivencia e aprendizaxe co alumnado desa universidade, ao que teñen a misión de explicarlle as principais características de Galicia e do seu modelo de desenvolvemento turístico. “O seminario está indo moi ben, os estudantes están encantados co recibimento que tiveron e pola oportunidade que teñen de vivir unha experiencia deste tipo. Todos lles sorprende”, explica Elena de Prada.
Luns, 12 de xuño do 2017

As novas promocións destes centros celebraron o seu acto de graduación

Ciencias, Historia e Ciencias da Educación presentan a 234 novos egresados e egresadas

O alumnado estivo acompañado por familiares e membros da comunidade universitaria


ImageAs graduacións continúan no campus de Ourense e o pasado venres e sábado chegou a quenda de despedir aos novos egresados e egresadas das facultades de Historia, Ciencias e Ciencias da Educación. Acompañados de familiares, membros da comunidade universitaria e amigos, os novos titulados e tituladas celebraron o remate con éxito dos seus estudos superiores e o inicio dunha nova etapa profesional e persoal. Elas e eles recolleron de mans das autoridades presentes as súas bandas e diplomas e recibiron palabras de recoñecemento polo esforzo feito e de ánimo para o futuro.
Venres, 09 de xuño do 2017

O alumnado de último curso da ESEI celebrou este xoves o seu acto de graduación

Unha nova promoción de Enxeñaría Informática despídese do campus

Trátase de 42 novos egresados e egresadas


ImageOs actos de graduación sucédense estas semanas no campus de Ourense e este xoves chegou o gran momento para o alumnado de último curso do Grao en Enxeñaría Informática da Escola Superior de Enxeñaría Informática. Trátase de cinco egresadas e 37 egresados que rematan con éxito o seu paso pola universidade e que afrontan a súa saída laboral coa confianza que dá non só ter formación superior senón tamén contar o seu colectivo profesional cunha das taxas de empregabilidade máis altas do mercado.
Xoves, 08 de xuño do 2017

O Gabinete Psicopedagóxico organiza os días 8 e 15 de xuño un Taller de Ioga da Risa

A sorrir tamén se aprende

30 membros da comunidade universitaria participan na formación


Image"Do que se trata neste taller de ioga da risa é de sacar o neno que levamos dentro". Deste xeito resume José Luís Alves Montesino, monitor en técnicas de risoterapia e líder certificado en ioga da risa, o obxectivo do obradoiro que este xoves arrancou no campus de Ourense centrado nesta técnica. Ao longo de dúas sesións, as persoas inscritas afondarán dun xeito práctico e lúdico en como xogando co sorriso e coa respiración poden mellorar o seu benestar persoal, e polo tanto o das persoas que os rodean. Sorrir, sinalan os promotores da iniciativa, é gratis, non fai falla motivos para facelo e os beneficios que reporta a quen o practica son moitos.
Resultados 10 - 18 de 389

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós