DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado arrow Campus Pontevedra

Campus Pontevedra

Xoves, 01 de xuño do 2017

Estudantes e egresadas do Cema integran un servizo de mediación para estudantes

Especialistas en resolución de conflitos ao servizo do alumnado

A súa codirectora Francisca Fariña, nova directiva da Cuemyc, que celebrará o seu congreso en Pontevedra en 2018


ImageCoa idea de poñer en práctica os coñecementos adquiridos en materia de resolución alternativa de conflitos no Curso de Especialista en Mediación, alumnado e egresados do curso que dirixen as catedráticas Esther Pillado e Francisca Fariña integra o grupo de voluntarios e voluntarias co que bota a andar o servizo de mediación para o alumnado que impulsa o grupo de investigación PS1. Trátase dunha actividade dirixida a axudar “de xeito gratuíto, a aqueles alumnos que poidan ter un conflito nun grupo de traballo, cos compañeiros de piso ou con calquera outra persoa, a excepción de co profesorado”, como explica Fariña.
Mércores, 31 de maio do 2017

A iniciativa busca fomentar a participación e a concienciación ambiental do alumnado

Unha horta para reverdecer o patio central de Belas Artes

Un obradoiro promove que os estudantes deseñen e constrúan mobiliario para este espazo


ImageQue tomates, pementos ou chícharos medren no interior de Belas Artes en recipientes creados con materiais reciclados e, ao mesmo tempo, facer do patio central do centro un espazo no que o alumnado poida relacionarse e traballar conxuntamente son dous dos obxectivos cos que a profesora Sol Alonso impulsou neste centro a creación dunha horta urbana, na que cada semana traballa un grupo de estudantes da facultade e da Escola de Restauración, os dous centros que teñen como sede o antigo cuartel de San Fernando. Así mesmo, a facultade desenvolve nestas semanas un taller dirixido a que o alumnado deseñe e constrúa mobiliario para este espazo.
Mércores, 31 de maio do 2017

Na terceira edición de Pontenciencia, que se desenvolve este venres e sábado

Máis de 300 escolares amosarán as súas dotes científicas na EE Forestal

Estudantes de oito colexios presentarán os seus proxectos a un xurado integrado por docentes do campus


ImageMáis de 300 escolares, pertencentes a oito centros educativos de Pontevedra, xunto con nove familias, participarán este venres e sábado na Escola de Enxeñaría Forestal na fase final de Pontenciencia, unha iniciativa promovida polo Concello de Pontevedra xunto coa Universidade e financiada pola Fecyt dirixida a achegar a achegar a ciencia ao alumnado de Primaria. A partires das propostas formuladas polo profesorado do campus, os nenos e nenas participantes traballaron nos últimos meses nos seus centros nunha serie de investigacións que agora deberán defender ante un xurado integrado por docentes das diferentes facultades e escolas.
Xoves, 25 de maio do 2017

Os proxectos de tres estudantes e un egresado foron os seleccionados polo xurado

Belas Artes copa os premios do certame Novos Valores da Deputación

Yolanda Ríos, Mariluz Feijóo, Aitor Victor Fernández e Borja Guerrero son os catro gañadores


ImageAs investigadoras da Facultade de Belas Artes Yolanda Ríos e Mariluz Feijóo, o estudante de grao Aitor Víctor Fernández e o egresado Borja Guerrero son as autoras e autores das obras gañadoras do certame Novos Valores 2017, que promove a Deputación de Pontevedra. Así o vén de determinar o xurado destes premios, nunha reunión na que as súas obras foron escollidas de entre as 37 obras seleccionadas para a exposición que terá lugar no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra entre o 3 de agosto e o 17 de setembro. As e os artistas seleccionados serán recoñecidos coa concesión dunha bolsa de estudos e a oportunidade de expoñer no Museo de Pontevedra os seus proxectos.
Xoves, 25 de maio do 2017

Trátase dun requisito previo para poder acceder á titulación

As probas de acceso a Ciencias da Actividade Física e do Deporte reúnen 150 estudantes

O 85% dos candidatos e candidatas obtiveron a cualificación de apto


ImageAínda faltan dúas semanas para que o alumnado que o vindeiro curso iniciará os seus estudos universitarios teña que enfrontarse as probas de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU), mais para aquelas e aqueles que teñen entre as súas opcións o grao de Ciencias de Actividade Física e do Deporte, o primeiro paso para converterse en estudantes do campus pontevedrés o vindeiro curso comezaba este xoves. Facíao coa celebración das probas físicas de acceso a esta titulación, que reuniron 150 estudantes en Ciencias da Educación e do Deporte, na primeira das dúas convocatorias ás que poderán concorrer os 190 inscritos.
Resultados 28 - 36 de 569

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós