DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado arrow Campus Pontevedra

Campus Pontevedra

Xoves, 16 de marzo do 2017

BBAA acolle nas vitrinas situadas no seu acceso á exposición ‘Hall de entrada’

Arte en pequeno formato

A mostra reúne os traballos realizados por 21 estudantes do máster en Arte Contemporánea


ImageNo marco da conmemoración do seu 25 aniversario, en novembro de 2015, a Facultade de Belas Artes inaugurou o Proxecto Vitrinas, uns pequenos espazos acristalados situados no propio acceso ao centro que buscaban servir como primeiro escaparate do talento que emerxe no seu interior. Vitrinas que desde este xoves ocupan as propostas deseñadas para elas por 21 alumnas e alumnos do Máster en Arte Contemporánea. Creación e Investigación, no marco do proxecto expositivo Hall de entrada, que lles levou a afondar na súa “capacidade de adaptación” a un espazo “máis reducido do que estamos acostumados”.
Martes, 14 de marzo do 2017

A delegación de alumnado de BBAA promoveu un coloquio coa artista María Xosé Domínguez

Propostas artísticas de cor violeta

Nel presentou a intervención que realizou en Santiago con motivo do Día Internacional da Muller


ImageA escritora e bióloga Marilar Aleixandre, a historiadora Encarna Otero, a galerista Asunta Rodríguez, artistas como Alicia López, ata chegar a un total de 15 mulleres retratadas tras unha máquina de coser antiga e convertidas en fotografías de tamaño real, nunha intervención que combinaba luces e sons e desenvolvida a pasada semana na Praza do Obradoiro. Deste xeito quixo a artista María Xosé Domínguez lembrar ás 126 mulleres falecidas en marzo de 1911 nun incendio da fábrica téxtil de Nova York, a través do proxecto, Sons de cor violeta, que do deu conta nun coloquio promovido pola delegación de alumnado de Belas Artes.
Venres, 10 de marzo do 2017

A través dunha exposición do alumnado do máster en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual

Belas Artes achega ilusións ópticas ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil

A investigadora Alba Blanco é a autora do cartel do evento, que se inaugura na tarde deste venres


ImageTodo é segundo a cor do cristal con que se mire. Esta popular frase serviu como punto de partida para o proxecto co que o alumnado do mestrado en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual colabora por cuarto ano co Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que na tarde deste venres celebra a súa inauguración. MI Mundos Imaxinados é o título da exposición na que once estudantes propoñen un xogo óptico a través de ilustracións realizadas con dúas tintas para que os nenos e nenas poidan ver nelas “dúas realidades, unha evidente e unha semioculta”, empregando unha “lupa-fitro”, como explica a coordinadora desta iniciativa, Iciar Ezquieta.
Xoves, 09 de marzo do 2017

Entre o 13 e o 16 de marzo, CCSS e da Comunicación e a Casa das Campás acollerán coloquios e talleres

O festival We Are Ads ábrese á cidade na súa terceira edición

Preto dun cento de traballos do alumnado optan aos premios que se entregarán o vindeiro xoves no Teatro Principal


ImageNacido hai tres anos co propósito de servir de plataforma para dar visibilidade aos traballos que realiza o alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación ao longo da súa etapa formativa, o primeiro festival universitario de publicidade e comunicación de Galicia, We Are Ads, celebrará entre o 13 e o 16 de marzo a súa terceira edición. Farao cunha serie de talleres e coloquios na propia facultade e na Casa das Campás e coa gala de entrega de premios que neste 2017 se traslada ao Teatro Principal, co propósito de “achegarse máis a cidade e buscar que máis xente allea á Universidade coñeza o festival para que siga crecendo".
Xoves, 09 de marzo do 2017

Preto de 800 persoas, segundo Erguer, participaron na manifestación que se celebrou na cidade

O rexeitamento á Lomce e ao 3+2 percorre as rúas de Pontevedra

Convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que reclama unha lei galega de educación


ImageReclamar a derrogación da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (Lomce) e do chamado ‘decreto do 3+2’, que abre a posibilidade á implantación de graos de tres anos e mestrados de dous, foron os dous motivos centrais da xornada de folga nos diferentes niveis educativos convocada para este 9 de marzo por diferentes plataformas e organizacións. Unha xornada de paro que, no caso de Pontevedra, completouse coa manifestación convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, na que participaron preto de 800 persoas, segundo informan desde a organización estudantil Erguer.
Resultados 46 - 54 de 569

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós