DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Xoves, 09 de febreiro do 2017

Nun traballo sobre medidas contra o envellecemento e a potenciaci髇 da econom韆 e do benestar

O Foro Econ髆ico de Galicia prop髇 unir o Eixo Atl醤tico para combater o declive demogr醘ico

O documento foi presentado este xoves en Santiago de Compostela


ImageO Foro Económico de Galicia vén de presentar este xoves un traballo que analiza as consecuencias da crise demográfica galega e propón unha serie de medidas concretas para combater o envellecemento e potenciar a economía e o benestar xeral na comunidade autónoma. Entre as propostas dos expertos deste órgano están “converter ao Eixo Atlántico de sete cidades nunha soa cidade, unindo a franxa costeira galega para convertela nunha cidade puxante e global” e a creación dunha rede de infraestruturas de usos múltiples nas cabezas de comarca.

Duvi | Ourense
O Foro Económico de Galicia vén de presentar este xoves un traballo que analiza as consecuencias da crise demográfica galega e propón unha serie de medidas concretas para combater o envellecemento e potenciar a economía e o benestar xeral na comunidade autónoma. Entre as propostas dos expertos deste órgano están “converter ao Eixo Atlántico de sete cidades nunha soa cidade, unindo a franxa costeira galega para convertela nunha cidade puxante e global” e a creación dunha rede de infraestruturas de usos múltiples nas cabezas de comarca.

Desafíos dunha sociedade avellentada e en declive: desequilibrios territoriais e prestación de servizos é un traballo asinado polos investigadores Melchor Fernández, da Universidade de Santiago de Compostela, e David Peón, da Universidade da Coruña. O estudo presentouse en Santiago de Compostela coa participación dos autores e de José González, empresario vitivinícola. O Foro Económico de Galicia é unha entidade liderada polo Grupo de Investigación Gen da Universidade de Vigo, sendo o seu director o catedrático desta universidade Santiago Lago e o seu obxectivo ser plataforma de transferencia do coñecemento económico do eido académico e empresarial á sociedade.

A problemática

O traballo presentado este xoves, explican en nota de prensa desde o Foro Económico de Galicia, salienta que “máis das tres cuartas partes da poboación e da riqueza de Galicia están concentradas no Eixo Atlántico: un conglomerado de 109 concellos, sete cidades que representan o máis puxante e rico de Galicia (260 habitantes/km2, 21.000 euros de renda per cápita e 45 anos de idade media). Pola contra, indican, “a Galicia central, que ocupa a meirande parte do territorio, ten unha densidade de 52 habitantes/km2, 19.000 euros de renda per cápita e unha idade media da poboación de 52 anos”. Na zona central, e especialmente nas zonas de montaña, Galicia, engaden, “presenta o maior problema de desenvolvemento de España, cun 23,6% dos habitantes con dificultades de acceso a servizos básicos, fronte ao 9,8% de media española”. Entre os servizos con dificultade de acceso para a poboación enumeran tendas de alimentación, servizos bancarios, sanitarios, postais, de transporte e ensino obrigatorio.

As propostas

Para contribuír a resolver os problemas de declive demográfico e dispersión, o Foro Económico de Galicia propón cinco medidas concretas. A primeira é “converter ao Eixo Atlántico de sete cidades nunha soa cidade, unir a franxa costeira galega para convertela nunha cidade puxante e global, de 1,8 millóns de habitantes, e intimamente ligada e atractiva para o Norte de Portugal revitalizando a Eurorrexión”. A segunda é crear unha “rede de infraestruturas de usos múltiples, centros comarcais que unifiquen e concentren nas cabeceiras comarcais da Galicia central os principais servizos públicos: cultura, ensino, sanidade e servizos sociais”. As propostas dos expertos continúan coa posta en marcha de “unidades móbiles de atención sanitaria e social a partir dos centros de usos múltiples”; “un forte aumento das infraestruturas e conexións telemáticas, sobre todo para a prestación de servizos preventivos de sanidade”, e a “unificación do historial social de cada individuo, que permita a súa atención pública e a prestación de servizos de xeito preventivo dende as cabeceiras comarcais”.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con n髎