DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Venres, 17 de marzo do 2017

Santiago de Compostela acolleu este venres un foro dedicado a este pa韘

M閤ico como escusa e como paix髇

A arque髄oga Beatriz Comendador abriu a programaci髇 falando da cultura maia


ImageSantiago de Compostela acolleu este venres o II Foro de Debate México. Espazo e Sociedade. A cita, organizada conxuntamente por investigadores das universidades de Santiago de Compostela e Vigo, pretende ser “un espazo de encontro informal e interdisciplinar, un foro de experiencias de persoas que temos en común o amor por México e pola súa cultura”, segundo explica Águeda Gómez, promotora da iniciativa desde a institución académica viguesa. As xornadas arrancaron cunha intervención de Beatriz Comendador, docente da Facultade de Historia do campus de Ourense, que abordou tanto riqueza da cultura maia como a súa “disneylandización” turística.

Duvi | Ourense
Santiago de Compostela acolleu este venres o II Foro de Debate México. Espazo e Sociedade. A cita, organizada conxuntamente por investigadores das universidades de Santiago de Compostela e Vigo, pretende ser “un espazo de encontro informal e interdisciplinar, un foro de experiencias de persoas que temos en común o amor por México e pola súa cultura”, segundo explica Águeda Gómez, promotora da iniciativa desde a institución académica viguesa. As xornadas arrancaron cunha intervención de Beatriz Comendador, docente da Facultade de Historia do campus de Ourense, que abordou tanto riqueza da cultura maia como a súa “disneylandización” turística.

A organización por parte da Universidade de Vigo recaeu no Departamento de Socioloxía, Ciencia Política, Administración e Filosofía. Por parte da Universidade de Santiago de Compostela organizaron o Departamento de Xeografía, o Idega e o Grupo de Investigación Gist-Novos Medios. “O foro púxose en marcha o pasado ano a iniciativa do profesor Carlos Ferrás co fin de divulgar, reflexionar e compartir contidos e vivencias arredor de México, facendo fincapé no seu carácter interdisciplinar e informal. O pasado ano foi un evento moi concorrido e activo e que espertou moito interese e este ano quixemos darlle continuar”, sinala Águeda Gómez, docente da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense que ten realizado numerosas investigacións con grupos étnicos mexicanos.

O impacto do turismo na cultura maia

A xornada arrancou cunha conferencia de Beatriz Comendador, arqueóloga e docente da Universidade de Vigo, sobre os usos do pasado prehispánico no Mayab actual. Durante a súa intervención, a docente expuxo a súa experiencia docente e investigadora levada a cabo durante unha estadía o pasado curso como profesora convidada no mestrado en Ecoloxía Humana da Unidade en Mérida, Yucatán, do Centro de Investigación e de Estudos Avanzados do Instituto Politécnico Nacional, baixo a titoría da antropóloga Julia Fraga. Durante a súa estancia en México, apuntou, desenvolveu unha investigación na que confluían a súa especialización en patrimonio e a orientación do centro onde estivo, que dedica especial atención ao impacto do turismo no Yucatán desde unha perspectiva interdisciplinar.

“A miña investigación en México centrouse nos usos do pasado prehispánico en dous aspectos. Por unha banda, na apropiación, por parte sobre todo do capital, dos recursos arqueolóxicos maias e por outra banda, en como os grupos humanos van apropiándose e reelaborando a imaxe do pasado segundo o que queren proxectar no presente”, apuntou a docente. Debido á presión da explotación turista, comentou Beatriz Comendador, as comunidades indíxenas vense separadas dos seus recursos arqueolóxicos, do seu patrimonio histórico, que é convertido polas empresas turísticas “nun espectáculo para turistas cheo de estereotipos”. Ademais, recalcou, non só se aparta á comunidade dos seus recursos, senón que se apropian da súa identidade, facendo que “a imaxe que se vende na actualidade do mundo maia nada teña que ver coa imaxe que os maias teñen de si mesmos”. Deste xeito, subliñou a docente, prodúcese unha situación na que os propios membros dunha comunidade son expulsados do seu territorio para ser explotado turisticamente e logo eles mesmos vense obrigados a traballar neses “parque de atraccións” “disfrazados” cos tópicos que hai arredor da súa cultura.

Á súa conferencia seguiulle outras sobre experiencias de identidade, memoria colectiva e bens comúns; sobre as ameazas e oportunidades para México na era de Donald Trump e sobre as mulleres inmigrantes en Santiago de Compostela. A cita rematou con música a cargo de La Cumbancha de la Martinian.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con n髎