DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Venres, 21 de abril do 2017

Os asistentes puideron co馿cer a ferramenta GvSIG e a asociaci髇 que o potencia

Unhas xornadas afondaron no potencial da xesti髇 da informaci髇 xeogr醘ica en todo tipo de eidos

A cita tivo lugar na Escola Superior de Enxe馻r韆 Inform醫ica


ImageA Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus acolleu este venres a Xornada GvSIG. Ourense 2017. A cita tivo como obxectivo presentar a estudantes e profesionais as oportunidades que ofrece a xeotemática para a xestión da información en todo tipo de eidos, desde a hidrografía á xestión de emerxencias. Concretamente, os asistentes, estudantes e enxeñeiros en informática, profesionais da enxeñaría e traballadores públicos encargados de tarefas relacionadas co mantemento e administración de información que teña unha referencia espacial, puideron coñecer a ferramenta GvSIG, software libre para a creación de sistemas de información xeográficos.

Rosa Tedín | Ourense
A Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acolleu este venres a Xornada GvSIG. Ourense 2017. A cita tivo como obxectivo presentar a estudantes e profesionais as oportunidades que ofrece a xeotemática para a xestión da información en todo tipo de eidos, desde a hidrografía á xestión de emerxencias. Concretamente, os asistentes, estudantes e enxeñeiros en informática, profesionais da enxeñaría e traballadores públicos encargados de tarefas relacionadas co mantemento e administración de información que teña unha referencia espacial, puideron coñecer as características da ferramenta GvSIG, software libre para a creación de sistemas de información xeográficos.

Álvaro Anguix, director xeral da Asociación GvSIG, foi o encargado de ofrecer a primeira das intervencións tras unha inauguración oficial que contou coa participación de Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense; Francisco Javier Rodríguez, director da Escola Superior de Enxeñaría Informática; Jesús Vázquez, alcalde de Ourense, e Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense. As autoridades presentes coincidiron en destacar a importancia crecente destas ferramentas na sociedade e nas institucións que representan e a importancia de apoiar o seu desenvolvemento.

Unha aplicación transversal

A Asociación GvSIG, explicou Álvaro Anguix, constitúe “a maior rede de profesionais en xeotemática libre”. A entidade, apuntou, “está composta por pequenas e medianas empresas de todo o mundo pero ten o seu corazón tecnolóxico en España”, contando con cinco empresas socias, entre elas a galega Icarto, e 61 empresas colaboradoras. Completa este mapa de axentes un amplo abano de entidades non empresarias, como universidades ou institutos xeolóxicos. O software, detallou aos asistentes, “está presente en máis de 160 países, tendo a súa última versión máis de 100.000 descargas”. Como mostra da súa relevancia, o director xeral da Asociación GvSIG lembrou como hai arredor de tres semanas a Comisión Europea “nos premiou como o mellor proxecto de software libre de Europa”.

Neste contexto, o obxectivo da asociación que dirixe, apuntou Álvaro Anguix, “é o desenvolvemento de técnicas libres para a xestión do territorio e de información xeográfica”. Para poder levar a cabo este papel, os beneficios que se obteñen da actividade da asociación empréganse no desenvolvemento desta tecnoloxía. “Trátase dun proxecto baseado no coñecemento compartido, a solidariedade e a cooperación, na suma de esforzos”, recalcou Anguix. Sobre as súas perspectivas de futuro, fixo fincapé en como a xestión da información xeográfica estase convertendo nunha realidade que cruza todo tipo de sectores, integrándose a xeotemática en todo tipo de sistema de información para enriquecelos. Deste xeito, enumerou, o uso destas ferramentas é de utilidade en eidos como o forestal, o xeoestratéxico, o márketing, o urbanismo, a xestión de emerxencias, a educación ou a hidrografía.
Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con n髎