DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Xoves, 04 de maio do 2017

Nun seminario de iniciativa empresarial dirixido pola profesora Maruxa 羖varez

Os novos profesionais da Biolox韆 aprenden a converter en negocio os resultados de investigaci髇

A iniciativa reuniu a especialistas universitarios e profesionais do mundo da empresa


ImageO alumnado do programa de doutoramento en Biotecnoloxía Avanzada tivo este xoves a oportunidade de coñecer de preto o proceso de converter ideas procedentes de resultados de investigación en oportunidades de negocio. Fíxoo no Seminario de Iniciativa Empresarial, unha actividade dirixida pola profesora Maruxa Álvarez e coa que se busca, por segundo ano consecutivo, propiciar a conexión entre o mundo académico e o empresarial. “A idea do seminario é que o alumnado do doutoramento e dos últimos cursos do grao en Bioloxía poidan coñecer máis de preto a realidade empresarial e divertirse creando o seu propio proxecto, partindo da idea e chegando a un prototipo de empresa”, explica Álvarez.

D. Besadío | Vigo
O alumnado do programa de doutoramento en Biotecnoloxía Avanzada tivo este xoves a oportunidade de coñecer de preto o proceso de converter ideas procedentes de resultados de investigación en oportunidades de negocio. Fíxoo no Seminario de Iniciativa Empresarial, unha actividade dirixida pola profesora Maruxa Álvarez e coa que se busca, por segundo ano consecutivo, propiciar a conexión entre o mundo académico e o empresarial.

“A idea do seminario é que o alumnado do doutoramento e dos últimos cursos do grao en Bioloxía poidan coñecer máis de preto a realidade empresarial e divertirse creando o seu propio proxecto, partindo da idea e chegando a un prototipo de empresa”, explica Álvarez, ao que engade que tras a experiencia do ano pasado, na que participaron dez estudantes e representantes de empresas como Hifas da Terra e a spin-off da Universidade de Santiago de Compostela LentiMEd, a coordinadora do programa de doutoramento, Carmen Sieiro, e a responsable de formación, Ángeles Sanroman, instárona a organizar esta nova edición.

Da idea ao prototipo

Estruturado en tres bloques, os participantes dedicaron a mañá a un taller de creación de negocios no que tiveron a oportunidade de escoitar os consellos e opinións de diferentes especialistas. Carlos Ferro, docente e investigador do Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade foi o encargado de introducilos nos diferentes modelos de negocio polos que poden optar, mentres que Ángeles López, responsable da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación, centrouse nos distintos mecanismos dos que poden botar man no eido da transferencia.

A formación específica sobre formación de equipos correu a cargo da coordinadora do seminario Maruxa Álvarez quen, ademais de profesora e investigadora da Facultade de Bioloxía exerce como coordinadora en Galicia de 3 Day Startup, o único programa internacional de emprendemento dirixido especificamente aos estudantes. E as cuestións relativas á comunicación correron a cargo de Ángeles Pariente, fundadora da axencia da axencia A2 Laboratorio de Ideas.

Seguindo os exemplos de Bialactis e Ceamsa

Xa pola tarde, ademais de expor e presentar ante o xurado –composto polos docentes e os responsables das empresas participantes- as súas propias ideas de negocio, os participantes terán a posibilidade de escoitar de primeira man a experiencia de profesionais que narrarán en primeira persoa a realidade das súas empresas e a súa propia traxectoria profesional. Paula Dagá, falará en nome de Bialactis, unha empresa de base tecnolóxica (EBT) centrada na investigación, produción e comercialización de ingredientes funcionais, especialmente probióticos para o consumo humano e alimentación animal; e Sergio Torres farao no da empresa porriñesa Compañía de Algas Marinas, Ceamsa, unha firma con máis de medio século de vida e que a día de hoxe é o principal produtor mundial de carragenina (E407), un xelificante natural que sale das algas vermellas e que se usa principalmente na industria alimentaria, pero tamén na farmacéutica e a cosmética.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con n髎