DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Xoves, 18 de maio do 2017

As instalaci髇s universitarias acolleron este m閞cores a celebraci髇 da cita

O equipo do campus ga馻 a Copa Xunta de Rugby a Sete

Na categor韆 feminina o ga馻dor foi o Crat da Coru馻


ImageCoincidindo coa conmemoración do Día das Letras Galegas, este mércores, 17 de maio, as instalacións deportivas do campus de Ourense acolleron a celebración da Copa Xunta 2017 de Rugby a Sete, organizada pola Federación Galega de Rugby, a Xunta de Galicia e o Campus Universitario Ourense Coosur. Ao longo da mañá e da tarde, a cita reuniu a 15 equipos das catro provincias galegas para disputar 28 encontros. Na categoría masculina proclamouse campión o Campus Universitario Ourense Coosur e na feminina o Crat da Coruña.

Duvi | Ourense
Coincidindo coa conmemoración do Día das Letras Galegas, este mércores, 17 de maio, as instalacións deportivas do campus de Ourense acolleron a celebración da Copa Xunta 2017 de Rugby a Sete, organizada pola Federación Galega de Rugby, a Xunta de Galicia e o Campus Universitario Ourense Coosur. Ao longo da mañá e da tarde, a cita reuniu a 15 equipos das catro provincias galegas para disputar 28 encontros. Na categoría masculina proclamouse campión o Campus Universitario Ourense Coosur e na feminina o Crat da Coruña.

Segundo explican desde a organización, “o día prometía choiva pero, por sorte para todos, apenas caeron catro pingas que permitiron desenvolver o torneo de maneira satisfactoria. Foi un éxito tanto en organización como en participación e asistencia”. A camaradería e a deportividade, recalcan, “foron os referentes” nun día “no que o rugby volveu a demostrar que é un deporte máis aló do campo. Despois da entrega de trofeos, tivo lugar o terceiro tempo cos equipos participantes”. Desde a organización destacan tamén e agradecen a implicación das entidades organizadoras, dos equipos e xogadores e xogadoras participantes e dos voluntarios, que permitiron que a competición se desenvolvese de xeito positivo.

Resultados

Na categoría masculina proclamouse gañador o Campus Universitario Ourense Coosur. O segundo posto foi para o Crat da Coruña; o terceiro para o Kaleido Universidade de Vigo; o cuarto para Fendetestas RC; o quinto para Os Ingleses RC, de Pontevedra; o sexto para o Crat B; o sétimo para o Muralla RC, de Lugo; o oitavo para o Campus Universitario Ourense Coosur B e o noveno posto foi para o Coretti Lalín RC. Na categoría feminina o primeiro posto foi para o Crat; o segundo para Coretti Lalín RC; o terceiro para o Campus Universitario Ourense Coosur; o cuarto para o Muralla RC; o quinto para Santiago RC e o sexto para Kaleido Universidade de Vigo.

Os galardóns foron entregados polos representantes das entidades implicadas na organización da cita, estando Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense; Marta Míguez, secretaria xeral para o Deporte da Xunta; Mario Guede, concelleiro de Deportes, e Javier Fernández, da Federación Galega de Rugby.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con n髎