DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Luns, 05 de xu˝o do 2017

O Campus Universitario Ourense Coosur perdeu ante o Hernani na cita disputada en Valencia

O equipo do campus proclßmase subcampiˇn de Espa˝a de Rugby 7

En xadrez, acadouse un quinto posto na Copa Galicia de Clubs


ImageRematadas as ligas, esta fin de semana os equipos de rugby e xadrez do campus de Ourense afrontaron cadanseu reto deportivo. O Campus Universitario Ourense Coosur disputou o Campionato de España de Rugby 7, no que acadou o segundo posto. A pesar deste revés no último encontro disputado na competición, desde o equipo universitario salientan o feito de que se trata “dun honor traer este novo título a Ourense”. Pola súa banda, o Universitario Campus de Ourense de Xadrez acadou un quinto posto na Copa Galicia de Clubs 2017.

Duvi | Ourense
Rematadas as ligas, esta fin de semana os equipos de rugby e xadrez do campus de Ourense afrontaron cadanseu reto deportivo. O Campus Universitario Ourense Coosur disputou o Campionato de España de Rugby 7, no que acadou o segundo posto. Pola súa banda, o Universitario Campus de Ourense de Xadrez conseguiu un quinto posto na Copa Galicia de Clubs 2017.

O primeiro equipo de rugby do campus proclamouse subcampión do Campionato de España de Rugby 7 na cita disputada esta fin de semana en Valencia, concretamente no Valencia Rugby Festival 7s. Os ourensáns perderon na final contra Hernani por un marcador de 22-0. A pesar deste revés no último encontro disputado na competición, desde o Campus Universitario Ourense Coosur salientan o feito de que se trata “dunha honra traer este novo título a Ourense”, un título que vén a completar unha tempada na que os ourensáns acadaron os retos propostos no seu estreo na División de Honra B do rugby estatal.

Polo que respecta ao xadrez, esta fin de semana o Sporting Club Casino da Coruña acolleu a celebración da Copa Galicia de Clubs de xadrez, cita que reuniu a máis de 130 xogadores procedentes de diferentes puntos da xeografía galega. O ritmo de xogo foi xadrez rápido, de 15 minutos máis cinco segundos por xogada. Nel, o Universitario Campus de Ourense de Xadrez conseguiu un quinto posto. O equipo universitario estivo formado polos xogadores Xabier Gómez, José Doval, Antonio Fernández, Lino Hermida e José Manuel Novoa.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nˇs