DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Luns, 12 de xu駉 do 2017

Por primeira vez a proba, na que participaron m醝s de 400 corredores, celebrouse en Monteferro

O equipo universitario consegue sete medallas no XVI Trofeo de Orientaci髇 Universidade de Vigo

O conxunto de atletismo participou no VI Eurocidade 10, que percorre os lugares m醝s destacados de Tui e Valen鏰


ImageAs e os integrantes do equipo de Orientación da Universidade amosáronse este luns “tremendamente satisfeitos” polas sete medallas –un ouro, dúas pratas e catro bronces- colleitadas esta fin de semana no XVI Trofeo de Orientación Universidade de Vigo, unha proba que por primeira vez, en colaboración co Concello de Nigrán, se levou a cabo nas privilexiadas paisaxes de Monteferro e na que participaron algo máis de 400 corredores chegados de toda Galicia e tamén do norte de Portugal. “O bo tempo facilitou moito o labor da organización e tamén dos corredores e corredoras, xa que cunha xornada tan favorable é moito máis sinxelo correr polo monte”, explica José Luis Armada, responsable do equipo.

D. Besadío | Vigo
As e os integrantes do equipo de Orientación da Universidade amosáronse este luns “tremendamente satisfeitos” polas sete medallas –un ouro, dúas pratas e catro bronces- colleitadas esta fin de semana no XVI Trofeo de Orientación Universidade de Vigo, unha proba que por primeira vez, en colaboración co Concello de Nigrán, se levou a cabo nas privilexiadas paisaxes de Monteferro e na que participaron algo máis de 400 corredores chegados de toda Galicia e tamén do norte de Portugal. “O bo tempo facilitou moito o labor da organización e tamén dos corredores e corredoras, xa que cunha xornada tan favorable é moito máis sinxelo correr polo monte”, explica José Luis Armada, responsable do equipo.

En Elite, a máxima categoría, a investigadora do grupo de Química Coloidal Isabel Pastoriza conseguiu a medalla de prata; mentres que o ouro foi para Alejandra Carro, do Club Arnela de Porto do Son, e o bronce para Isabel Diz, do Club Cornelias de As Neves. No caso masculino, o vencedor foi Xan Carballo, de A Predosa, en Culleredo; a prata para Francisco Javier Sevilla, do Club Ártabros da Coruña, e o bronce para Brais Piñeiro, da Universidade de Vigo.

“Estamos moi satisfeitos de como foron as cousas, para nós foi un dos mellores anos”, recalcou Armada, o tempo que fixo fincapé en que por primeira vez púidose facer unha proba paralela na modalidade de OPrecision dirixida especificamente a persoas con discapacidade funcional e na que se inscribiron 40 persoas. “Para nós é moi importante poder abrir as portas deste deporte tamén a persoas que habitualmente non teñen acceso a el, caso por exemplo da xente que vai en carreira de rodas, que nesta ocasión tamén puido participar”, salientou o coordinador.
Rematada esta proba, o equipo universitario vigués, quinto na Liga Galega de Orientación, pensa xa na seguinte cita do calendario de probas. O 1 de xullo desprazaranse a Xinzo da Limia para disputar a sétima proba da liga galega –na que participan un total de 26 equipos- e do 6 ao 11 de agosto participarán nun campionato internacional nos Pireneos cataláns.

Carreiras populares

Pola súa banda, o equipo de Atletismo da Universidade participou no VI Eurocidade 10, un circuíto de 10.000 metros que percorre os lugares máis destacados de Tui e Valença. “Acadamos resultados moi positivos, pois malia que as elevadas temperaturas puxeron as cousas un pouco máis difíciles, conseguimos acadar en maior ou menor medida os resultados propostos, xa sexan mellorar marcas persoais ou sumar quilómetros tras longos períodos de lesións”, explicou o responsable do equipo, Pedro Comesaña.
Os compoñentes do equipo destacaron desta carreira a fermosura do seu trazado e tamén a súa dureza, en referencia aos continuos desniveis do trazado, aos que moitos se referiron como ‘rompepernas’.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con n髎