DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Luns, 19 de xuńo do 2017

Cos docentes MȘ Ángeles Peńa e Alejandro Fernández como padrińos

A Facultade de Química gradúa a 35 novas e novos egresados

A graduación tivo lugar o pasado venres no salón de actos de Ciencias Experimentais


ImageAnsiosas e ansiosos por comezar a pór en práctica todo o aprendido durante os últimos catro anos, con moita ilusión por comezar unha nova etapa e coa sensación de que o esforzo valeu a pena. Este venres a Facultade de Química celebrou a promoción da súa quinta promoción de graduadas e graduados, 35 persoas dispostas a demostrarlle ao mercado laboral e á sociedade en xeral a súa valía, pois aínda que os desafíos non son poucos, teñen o convencemento de que serán quen de afrontalos con éxito. O acto tivo lugar no salón de actos do Edificio de Ciencias Experimentais e en nome das egresadas e egresados falaron Raquel Agraso e Claudia Conde.

Duvi | Vigo
Ansiosas e ansiosos por comezar a pór en práctica todo o aprendido durante os últimos catro anos, con moita ilusión por comezar unha nova etapa e coa sensación de que o esforzo valeu a pena. Este venres a Facultade de Química celebrou a promoción da súa quinta promoción de graduadas e graduados, 35 persoas dispostas a demostrarlle ao mercado laboral e á sociedade en xeral a súa valía, pois aínda que os desafíos non son poucos, teñen o convencemento de que serán quen de afrontalos con éxito.

Acompañados pola vicerreitora de Organización Académica e Profesorado, Ana Graña; o decano do centro, Ignacio Pérez Juste; o vicedecano do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, Juan Sanmartín e, por suposto, os seus familiares e amigos, escoitaron neste acto verbas de agarimo e tamén algún que outro consello, sobre todo da súa madriña, a profesora Mª Ángeles Peña Gallego, e o seu padriño, o profesor Alejandro Fernandez Novoa.

O acto tivo lugar no salón de actos do Edificio de Ciencias Experimentais e en nome das egresadas e egresados falaron Raquel Agraso e Claudia Conde, que aproveitaron a ocasión para facer repaso á etapa universitaria, lembrar anécdotas e, sobre todo, agradecer o apoio recibido dentro e fóra das aulas.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós