DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Luns, 19 de xu駉 do 2017

Luz verde do Consello de Goberno nunha sesi髇 que inclu韚 os balances de Campus da Auga e CREA S2i

A Universidade d髏ase dun Regulamento do Patrimonio e unha Normativa de cesi髇 de espazos

O reitor iniciou a sesi髇 cunha mensaxe de condolencia polas mortes no incendio de Pedr骻鉶 Grande


Image O lume que desde o pasado sábado se cobrou a vida de máis de 60 persoas e provocou feridas a outras tantas en Pedrógão Grande, no centro de Portugal, estivo presente ao inicio da sesión de Consello de Goberno que este luns se celebrou na Universidade de Vigo. O reitor Salustiano Mato iniciou a sesión cunha mensaxe de apoio ás familias das vítimas do incendio que, segundo Mato, “pon de manifesto a necesaria colaboración transfronteiriza na loita contra o lume”, unha cuestión que precisamente se abordou na cimeira luso-española que tivo lugar en Vila Real a finais de maio e que se centrou en diferentes aspectos da cooperación entre ambos os dous países. O Consello de Goberno na súa sesión deste luns deu luz verde, entre outros asuntos, ao Regulamento do Patrimonio da institución, así como a Normativa de cesión de espazos.

Mª del Carmen Echevarría | Vigo
O lume que desde o pasado sábado se cobrou a vida de máis de 60 persoas e provocou feridas a outras tantas en Pedrógão Grande, no centro de Portugal, estivo presente ao inicio da sesión de Consello de Goberno que este luns se celebrou na Universidade de Vigo. O reitor Salustiano Mato iniciou a sesión cunha mensaxe de apoio ás familias das vítimas do incendio que, segundo Mato, “pon de manifesto a necesaria colaboración transfronteiriza na loita contra o lume”, unha cuestión que precisamente se abordou na cimeira luso-española que tivo lugar en Vila Real os pasados 29 e 30 de maio e que se centrou en diferentes aspectos da cooperación entre ambos os dous países. O Consello de Goberno na súa sesión deste luns deu luz verde, entre outros asuntos, ao Regulamento do Patrimonio da institución, así como a Normativa de cesión de espazos, ao tempo que aprobou a conta de liquidación do orzamento do exercicio 2016 e a transformación do Club Deportivo Universidade de Vigo nunha sección deportiva en cumprimento da Lei Galega do Deporte.

Mentres os vicerreitores dos campus de Ourense e Pontevedra presentaron cadanseu informe sobre o proceso de especialización de Campus da Auga e Campus CREA S2i, o reitor Salustiano Mato deu conta ante os membros do Consello do resultado da reunión da sectorial CRUE de I+D+i, na que se está a elaborar o Estatuto do persoal investigador en formación e na que tamén se puxo de manifesto a preocupación do persoal investigador das universidades polas complicacións derivadas do proceso de xustificación económica de proxectos, así como polo avellentamento das infraestruturas científicas. Tras lembrar a confirmación por parte do ministro de Educación no Consejo de Universidades de que se manterá a taxa de reposición do 100% e da Xunta de Galicia no Consello de Universidades da conxelación do prezo da matrícula nos graos para o vindeiro curso, Mato referiuse a evolución das obras de acondicionamento do inmoble de O Berbés que acollerá a sede la Universidade no centro de Vigo, así como a futuro do Campus do Mar na ETEA. “No caso da sede institucional de O Berbés estamos a sufrir retrasos alleos á nosa vontade, pero seguimos a traballar de xeito coordinado con técnicos da Consellería de Patrimonio, mentres agardamos os permisos deste departamento”, explicou o reitor, que no caso de Campus do Mar, sinalou que a Universidade agarda que o Ministerio de Hacienda lle remita asinado o acordo aprobado no pleno de Zona Franca para, pola súa banda, poder asinar o convenio que permitirá desenvolver o proxecto.

Normas básicas para a xestión do patrimonio

O vicexerente de Xestión Económica e Asuntos Xerais, Rodrigo Cerviño, foi o encargado de explicar os detalles do Regulamento do Patrimonio, que xorde, segundo explico “da necesidade de establecer unha normativa básica sobre os bens patrimoniais da Universidade de Vigo, que carecía dunha normativa específica” e que describe os tipos de bens que poden ser propiedade da Universidade, delimita as condicións de utilización, tanto para concesión como para a utilización de espazos ou detalla a forma de explotación e rendementos procedentes de bens patrimoniais . “Un punto importante para a redacción deste normativa foi tamén a xestión das marcas da Universidade, xa que temos varias marcas rexistradas na Oficina Española de Patentes e Marcas que non se poden explotar porque non había unha normativa específica que potenciase a explotación das marcas”, explicou Cerviño, que en relación coa Normativa de cesión de uso de espazos universitarios, explicou que articula o réxime de utilización de edificios, dependencias, instalacións e espazos, abertos ou pechados, da Universidade de Vigo por institucións públicas e privadas, que o soliciten para os seus propios fins e actividades. “Neses supostos, con carácter xeral, a cesión realizarase a cambio dunha contraprestación económica que permita sufragar os gastos que a organización dun evento pode ocasionarlle, de xeito que non supoña custos adicionais á Universidade”, detallou o vicexerente.

Balance de Campus da Auga e de Campus CREA S2i

O vicerreitor do campus de Ourense iniciou a súa intervención confirmando a implantación o vindeiro curso, cunha oferta de 25 prazas e coa participación de 120 investigadores e a colaboración de dúas universidades lusas, do Programa de Doutoramento do Campus de Auga, Auga, sustentibilidade e desenvolvemento. Xa na área de investigación e captación de talento, Virxilio Rodríguez destacou a concesión do proxecto institucional RISC Miño-Limia, que concorreu ao Programa Interreg-Poctep, así como que o proxecto Next Gen Circular Water System, liderado por unha empresa sueca e coa participación do docente Jesús Simal, “vén de pasar a primeira fase na convocatoria Horizon 2020 da Unión Europea na que aspira a un financiamento de máis de 11 millóns de euros”. A execución da primeira edición do programa IPCA, Investigación e Proxectos Institucionais do Campus da Auga, foi outro dos fitos destacados polo vicerreitor, que tamén lembrou a celebración do II Congreso Internacional da Auga, así como do Día Internacional da Auga, que contou coa participación de máis de 350 escolares. En canto á obra do edificio de Campus da Auga, Rodriguez recordou que trala licitación, as obras, que comezaron en agosto de 2016, van a bo ritmo, e está prevista a súa finalización en novembro deste ano.

Pola súa banda, o vicerreitor do campus de Pontevedra lembrou en primeiro lugar a colaboración coa Xunta de Galicia, que destinará máis de 1700 metros cadrados do edificio da rúa Benito Corbal para a sede de CREA S2i; coa Deputación de Pontevedra, coa que por primeira vez se asinou un protocolo e co Concello de Pontevedra, co que se chegou a unha bonificación do 95% no pago do IBI. Juan Manuel Corbacho sinalou que en relación á posta en marcha do Programa de Doutoramento en Creatividade e Innovación Social Sustentable, neste intre se atopa en fase de promoción cara ao seu inicio o vindeiro curso. “A alianza co Brooklyn College, que se materializou na presentación dunha solicitude dun Erasmus +KA107 para o intercambio de alumnado e profesorado de tres mestrados de Pontevedra con títulos equivalentes da institución neoiorquina e que está a piques de resolverse” é segundo Corbacho outro dos fitos destacados do ano 2016. A partir de aí, o vicerreitor do campus de Pontevedra enumerou outros eventos como a posta en marcha de varias iniciativas de colaboración interdisciplinaria dentro dalgún proxecto Fecyt da man de Campus do Mar, así como varias propostas presentadas a fundacións privadas e aos Interrreg-Sudoe e das que se está a espera de resolución. O Social Media Day, o Congreso Internacional de Videoxogos, o Congreso Internacional de Ciencias do Deporte, da Semana Europea de Mobilidade, do desfile Debut ou da 3ª edición do Pont-Up Store, foron outros fitos do ano destacados por Corbacho, que tamén se referiu aos galardóns recibidos por máis dunha trintena de estudantes do campus.

Outros asuntos

A transformación do Club Deportivo Universidade de Vigo nunha sección deportiva, para así adecuarse á Lei Galega do Deporte; a aprobación do Regulamento de réxime interno da Facultade de Ciencias do Mar, así como a aprobación da solicitude de emérito do docente do Departamento de Física Aplicada Luis Romaní e a prórroga de emérito dous anos máis do profesor do Departamento de Enxeñaría dos Materiais Pedro Merino, foron outros asuntos da orde do día que recibiron o visto e prace do Consello de Goberno.

Na sesión tamén se deu luz verde a un recoñecemento especial ao profesor Santiago Lago como representante de Galicia na comisión para a reforma do financiamento autonómico, así como á cesión por parte do Consello de Vigo á Universidade por un período de dez anos do edificio que acolle a Escola Universitaria de Estudos Empresariais na rúa Torrecedeira en Vigo.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con n髎