DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Venres, 23 de xuño do 2017

47 alumnos e alumnas festexaron o venres o remate dos seus estudos

Traballo Social pechou os actos de graduación deste curso no campus

Tamén celebraron a súa despedida os nenos e nenas de dous a tres anos da escola infantil


ImageEste venres pecháronse os actos de graduación deste curso 2016/2017 no campus de Ourense. Os encargados de pór o broche a estas conmemoracións foron os estudantes do último curso tanto do Grao en Traballo Social como da Escola Infantil do campus de Ourense. Uns e outros recolleron os distintivos que acreditan o remate dun ciclo e o inicio dunha nova etapa entre o aplauso dos asistentes a cada un dos eventos. Como en toda graduación, non faltou a emoción, o sorriso, a lembranza do tempo compartido, os bos desexos para o futuro e algunha que outra bágoa.

Duvi | Ourense
Este venres pecháronse os actos de graduación deste curso 2016/2017 no campus de Ourense. Os encargados de pór o broche a estas conmemoracións foron os estudantes do último curso tanto do Grao en Traballo Social como da Escola Infantil do campus de Ourense. Uns e outros recolleron os distintivos que acreditan o remate dun ciclo e o inicio dunha nova etapa entre o aplauso dos asistentes a cada un dos eventos. Como en toda graduación, non faltou a emoción, o sorriso, a lembranza do tempo compartido, os bos desexos para o futuro e algunha que outra bágoa.

No caso de Traballo Social, festexaron o remate dos seus estudos 47 alumnos e alumnas que conforman a quinta promoción do Grao en Traballo Social da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense. Para todos eles e elas, Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus; Mar García, decana da Facultade de Ciencias da Educación, e o padriño de promoción, o profesor do centro Francisco Xabier Aguiar, tiveron palabras de recoñecemento por ter chegado a este momento nas súas vidas e alento ante o reto que teñen como novos traballadores e traballadoras sociais nun mundo en transformación e crise.

Pola súa banda, no caso da escola infantil, no marco da súa festa fin de curso, celebraron o remate da súa etapa neste centro 33nenos e nenas de dous a tres anos de idade. Aínda que a temática da festa foi “hippie”, os protagonistas tamén realizaron, neste caso con barrete, a recollida do seu diploma. Como agasallo aos familiares que os acompañaron neste día tan especial, os nenos e nenas bailaron para eles unha peza que prepararon durante as últimas semanas. Deste xeito, culminou un traballo de varias semanas nas que os rapaces e rapazas elaboraron na aula os materiais da festa e prepararon as súas actuacións.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós