DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Martes, 12 de setembro do 2017

A facultade celebrou un minuto de silencio en recordo desta titulada, falecida o pasado sábado

CC da Educación e do Deporte rende homenaxe a María Ferreira


ImageEgresada da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, onde cursou tanto Educación Infantil, como o mestrado en Investigación en Deporte, Actividade Física e Saúde, a porriñesa María Ferreira perdeu a vida o pasado sábado nun accidente de bicicleta en Asturias, ata onde se desprazara para ver unha das últimas etapas da Vuelta Ciclista a España. Un tráxico acontecemento que deixou un fondo pesar neste centro do campus, que no mediodía deste martes celebrou un minuto de silencio na súa memoria, coa participación tanto dos que foron os e as súas docentes como de estudantes e persoal e administración e servizos.

Duvi | Pontevedra
Egresada da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, onde cursou tanto Educación Infantil, como o mestrado en Investigación en Deporte, Actividade Física e Saúde, a porriñesa María Ferreira perdeu a vida o pasado sábado nun accidente de bicicleta en Asturias, ata onde se desprazara para ver unha das últimas etapas da Vuelta Ciclista a España. Un tráxico acontecemento que deixou un fondo pesar neste centro do campus pontevedrés, que no mediodía deste martes celebrou un minuto de silencio na súa memoria, coa participación dunha representación dos que foron os e as súas docentes, encabezada polos vicedecanos Uxío Pérez, Esther Martínez, José María Pazos e Ezequiel Rey, como de estudantes e persoal e administración e servizos do centro.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós