DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Mércores, 30 de setembro do 2009

Gradiant lanza o premio á mellor tese de doutoramento no sector das TIC

O prazo para a recepción de memorias está aberto ata o 5 de outubro


ImageCo obxectivo de recoñecer a excelencia dunha tese de doutoramento aplicada ao sector das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia convoca por primeira vez o premio Gradiant á mellor tese de doutoramento aplicada ao sector das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. Á hora de conceder o premio, dotado con 2000 euros, valorarase sobre todo a transferencia de coñecemento ao sector das TIC

ImageD. Besadío | Vigo
Co obxectivo de recoñecer a excelencia dunha tese de doutoramento aplicada ao sector das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia convoca por primeira vez o premio Gradiant á mellor tese de doutoramento aplicada ao sector das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.
Á hora de conceder o premio, dotado con 2000 euros, valorarase sobre todo a transferencia de coñecemento ao sector das TIC, xustificada de maneira obxectiva mediante patentes, licencias ou a través de diferentes contribucións demostrables a produtos ou servizos.
Coa concesión deste premio preténdese fomentar a realización de teses de doutoramento como vehículo de xeración de coñecemento e recoñecer a aqueles investigadores das universidades galegas que teñan completada a súa tese de doutoramento neste eido.
A convocatoria do premio, cuxo prazo de recepción de memorias remata o vindeiro 5 de outubro, está aberta a todas aquelas persoas que teñan defendido a súa tese nalgunha das tres universidades galegas durante os anos 2008 e 2009.
A entrega do premio terá lugar no marco da celebración da Noite Galega das Telecomunicacións 2009, que terá lugar na Toxa o vindeiro 6 de novembro.

Máis información en: www.gradiant.org e en www.aetg.org

 

< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós