DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Venres, 25 de febreiro do 2011

A Fundación CEER lanza unha plataforma web para a divulgación científica na Eurorrexión


ImageComunicaciencia este é o nome da nova plataforma de divulgación da ciencia na Eurorrexión, unha web que nace co obxectivo de reunir e difundir a información científica máis relevante xerada polas 6 universidades públicas da Eurorrexión: A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Porto, Tras-os-Montes e Minho. O obxectivo: divulgar os resultados das investigacións realizadas, achegando a ciencia, e os avances que esta propicia, á sociedade en xeral. A web recompila variados recursos multimedia relacionados con actividades científicas realizadas nas universidades da Eurorrexión.


ImageDuvi | Vigo
Comunicaciencia este é o nome da nova plataforma de divulgación da ciencia na Eurorrexión, unha web que nace co obxectivo de reunir e difundir a información científica máis relevante xerada polas 6 universidades públicas da Eurorrexión: A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Porto, Tras-os-Montes e Minho. O obxectivo: divulgar os resultados das investigacións realizadas, achegando a ciencia, e os avances que esta propicia, á sociedade en xeral.

A web recompila variados recursos multimedia relacionados con actividades científicas realizadas nas universidades da Eurorrexión (vídeos de conferencias, documentais, audios, acceso a información dixitalizada...) e proporcionadas directamente polo CEER, como os foros de debate sobre ciencia, ou a súa axenda científica, onde pon a disposición do público todas as ofertas de traballo, bolsas de emprego, de mobilidade, subvencións para investigadores, premios, etc. que se xeneran en Galicia e o Norte de Portugal, co obxecto de potenciar a colaboración e as oportunidades e o movemento de profesionais entre ambas rexións.

< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós