DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Venres, 25 de maio do 2012

A investigación universitaria esperta o interese dos máis pequenos

O colexio Escultor Acuña visitou varios centros do campus e participaron en actividades deportivas


ImageNon é a primeira vez para eles, o seu interese pola ciencia e a tecnoloxía volveu traer aos nenos e nenas do colexio Escultor Acuña ao campus. No mes de abril achegáronse á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación para coñecer de preto o picosatélite XaTcobeo e fixérono a petición propia. O bo sabor de boca que lles quedou serviu para que repetisen visita, desta volta para achegarse ao traballo realizado por diversos grupos de investigación do campus.
36 cativos de 6º de primaria percorreron os laboratorios de Física Aplicada e, da man do investigador da Universidade, Pío González, puideron ver experimentos sobre corrente electromagnética, imáns, microondas, creación de motores con pilas, etc.

M. Del Río / Jessica Fdez. | Vigo
Non é a primeira vez para eles, o seu interese pola ciencia e a tecnoloxía volveu traer aos nenos e nenas do colexio Escultor Acuña ao campus. No mes de abril achegáronse á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación para coñecer de preto o picosatélite XaTcobeo e fixérono a petición propia. O bo sabor de boca que lles quedou serviu para que repetisen visita, desta volta para achegarse ao traballo realizado por diversos grupos de investigación do campus.

36 cativos de 6º de primaria percorreron os laboratorios de Física Aplicada e, da man do investigador da Universidade, Pío González, puideron ver experimentos sobre corrente electromagnética, imáns, microondas, creación de motores con pilas, etc. Os profesores dente centro público vigués subliñan que “os nenos e nenas, tras a súa visita para coñecer o XaTcobeo, seguían interesados na ciencia e nas matemáticas”, por iso planificaron este visita.

Despois de pasar pola Escola de Enxeñaría Industrial, a seguinte parada foi no Edificio de Ciencias Experimentais, onde asistiron á proxección dos documentais realizados polo grupo Divulgare, do Laboratorio de Ecoloxía e Evolución de Plantas. Con Luis Navarro ao fronte, este grupo traballa a prol da divulgación científica para todos os públicos e ten colleitado numerosos premios por vídeos nos que amosan por exemplo, as estratexias adaptativas a través da bioluminiscencia das algas Noctiluca scintillans ou a importancia dos lagartos en ecosistemas insulares como o das illas Cíes. Este esforzo por transmitir a ciencia á sociedade valeulles xa varios galardóns, como o premio do público da prestixiosa revista internacional The Scientist, o trofeo Eugenio Tutor ao mellor traballo producido por unha universidade ou centro de investigación no Certame Unicaja de Cine, Bienal Internacional de Cine Científico, a mención honorífica nos Premios Prisma á Divulgación concedidos pola Casa das Ciencias ou VIII Premio de Creación Audiovisual da Universidade de Vigo.

A primeira hora da mañá participaron tamén nu itinerario ambiental guiado pola Oficina de Medio Ambiente da Un)

Pola tarde, deporte

Durante a tarde, os escolares participan tamén nunha actividade, desta volta deportiva. Máis de 120 persoas, entre nenos, pais e nais e docentes do Escultor Acuña participarán carreira de orientación, actividade que este colexio ven desenvolvendo en colaboración co Servizo de Deportes da Universidade nos últimos anos. Trátase de que os máis cativos, xunto coas súas familias e profesores coñezan este deporte pero tamén a contorna do campus. Como explica José Luis Armada, responsable do equipo de orientación da Universidade, en anos anteriores facía o percorrido polo monte Galiñeiro, “agora contamos cun plano no campus e optaron por esta alternativa para coñecer tamén as instalacións docentes e deportivas”. A proba consiste en dous percorridos, tanto individual como por equipos con saída dende o Centro Comercial de Cidade Universitaria.

Estas actividades enmárcanse no proxecto interdisciplinar integrado Descubrindo o Norte, que iniciaron no curso pasado na materia de Educación Físcia tendo como núcleo central o deporte de orientación. A xornada foi o colofón final deste proxecto "ao que aínda lle queda moito por crecer", como explica do profesor do Escultor Acuña, Enrique Fuentes. "Trátase de poñer en práctica, dalgún xeito, o que estivemos traballando no colexio a través dunha xornada cultural, formativa, deportiva e, como non, de convivencia de toda a comunidade escolar".

 

< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós