DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Axenda

Axenda

Ver hoxe
Resto do mes
Mes anteior Día anterior
Día seguinte Mes seguinte

Xornadas Interdisciplinares de Educación e Deporte

Xornadas Interdisciplinares de Educación e Deporte

Hora: 16.15 h
Lugar: salón de graos da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle os días 21, 27 e 28 de marzo e 4 de abril as Xornadas Interdisciplinares de Educación e Deporte, dirixidas a achegar ao alumnado dos tres graos que se imparten no centro ás diferentes áreas nas que poden desenvolver o seu labor profesional.

Organizadas polos vicedecanos Esther Martínez e José María Pazos, coa colaboración do Consello Social da Universidade, o programa desta primeira sesión ábrese ás 16.15 horas coa conferencia Aprendizaxe e servizos: tres experiencias educativas, da profesora da USC María Fiuza. A continuación, Patricia Iglesias, da ONG Amigos da Terra, protagonizará un relatorio titulado Enerxía e cambio climático, tralo que Esther Martínez abordará o uso do fotovoz como técnicas de investigación e formación e Rubén Annichiarico achegará unha serie de claves e estratexias para o acceso á función pública docente.

Volver


Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós