DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Axenda

Axenda

Ver hoxe
Resto do mes
Mes anteior Día anterior
Día seguinte Mes seguinte

Celebración do Día Mundial da Auga

Celebración do Día Mundial da Auga

Hora: 10.00 h
Lugar: salón de actos Marie Curie do Edificio Politécnico

Asisten: Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo

Desde a posta en marcha do proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus da Auga, cada ano o 22 de marzo, declarado polas polas Nacións Unidas como o Día Mundial da Auga, convértese nun día de celebración nas instalacións universitarias ourensás. Este ano, o campus volverá a abrir as súas portas a estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato das provincias de Ourense e Pontevedra nunha xornada de actividades destinadas a orientalos sobre o seu futuro e a darlles a coñecer a investigación que se está a realizar no marco do Campus da Auga. Ademais, ás 13.30 h, no marco desta programación celebrarase a entrega de premios da terceira edición do Concurso Fotográfico Campus da Auga (Edición Scholaris).

Volver


Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós