DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Axenda

Axenda

Ver hoxe
Resto do mes
Mes anteior Día anterior
Día seguinte Mes seguinte

Entrega de Premios do II Concurso Anual Intercentros de Enxeñaría Forestal

Entrega de Premios do II Concurso Anual Intercentros de Enxeñaría Forestal

Hora: 17.00 h
Lugar: planta baixa da Escola de Enxeñaría Forestal

Asisten: Juan Manuel Corbacho, vicerreitor do campus de Pontevedra; Ángeles Cancela, subdirectora da EE Forestal; Juan PIcos, secretario da EE Forestal, e integrantes do xurado dos premios

A Escola de Enxeñaría Forestal acolle o acto de entrega de premios do II Concurso Anual Intercentros de Enxeñaría Forestal, dirixido a promover o estudo do medio natural entre o alumnado de Bacharelato de Galicia e no que participaron 48 estudantes de cinco institutos.

O acto abrirase cunha visita guiada polas instalacións aos equipos participantes trala que ás 17.45 horas procederase á entrega de agasallos e do premio, cunha dotación económica de 1000 euros, ao proxecto gañador. O acto pecharase ás 18.00 horas cun concerto do grupo Nasty Loopers.

Volver


Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós